Só a metade dos homes e un terzo das mulleres fan suficiente deporte

Os Martes ConVida presentan os datos correspondentes o pasado curso

Durante o curso 2014/2015, Os Martes Saudables celebraron un total de 10 sesións no Campus de Ourense, catro no de Vigo e dúas no de Pontevedra. Tras estas experiencias, os organizadores realizaron un balance cos datos obtidos despois de valorar a un total de 520 persoas con idades comprendidas entre os 17 e os 30 anos. O estudo valora a un 59% de mulleres e un 41% de homes que despois de ser atendidos por especialistas e recibir atencións personalizadas, xa poden valorar a súas respectivas condicións físicas e a partir deste momento saber cal é a mellor maneira de seguir un estilo de vida máis saudable e activo.

Os resultados obtidos manifestan que en xeral, os parámetros obtidos en relación coa saúde cardiometabólica deberían mellorar, se ben é certo que a maioría clasificouse como normopeso, sobre todo os casos de sobrepeso, algún que outro de obesidade e un grupo de universitarios con baixo peso. No tocante á porcentaxe de masa graxa corporal ocorre algo semellante, a maioría tiña os valores normais, pero atopáronse casos con valores límite e incluso de obesidade, máis frecuente entre as alumnas.

Tras estes datos, unha das conclusións que se poden extrapolar é que soamente a metade dos homes e un terzo das mulleres da comunidade universitaria da Universidade de Vigo fan a suficiente actividade física. 

Os Martes ConVida arrancaron este curso nos tres campus co obxectivo de seguir analizando os estilos de vida dos estudantes e promovendo os hábitos saudables e a actividade física.n

Te puede interesar
Más en Universitas