EXPOSICIÓN

A soidade dos anacoretas e as súas pantasmas, na Alterarte

photo_camera Un momento da inauguración da mostra Cosmoclasia, do creador Eduardo Outeiro.

O pasado venres,  inaugurouse a mostra denominada 'Cosmoclasia', do creador Eduardo Outeiro

nnn Cada proposta expositiva que chega aos muros da Sala Alterarte do campus de Ourense transforma por completo o seu espazo e propón unha viaxe a mundos moi diversos. Desde o pasado venres, a sala acolle a mostra Cosmoclasia, formada por obras do creador Eduardo Outeiro e curada polo docente da Universidade de Vigo Alberto Ruíz de Samaniego. A través das pezas expostas, o artista traslada ao visitante a un deserto no que anacoretas e eremitas transitan en soidade, lonxe da civilización, pero acompañados das súas propias pantasmas e fantasías.

A mostra, tal e como lembrou na súa inauguración Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense, forma parte da terceira edición do proxecto expositivo Estado Crítico. “É un auténtico privilexio contar cunha exposición desta calidade, con tanta forza e capacidade de suxestión”, subliñou sobre Cosmoclasia o vicerreitor, que fixo fincapé no esforzo que fai unha sala "pequena e humilde" como Alterarte para ser un espazo de dinamismo artístico e unha ponte entre os campus universitarios de Ourense e Pontevedra. Agradecendo a oportunidade que supón expor a súa obra, Eduardo Outeiro, licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, subliñou como nesta colección intentou plasmar “o deserto como xardín florido de espíritos solitarios” no que anxos e diaños se mesturan entre fantasías. O artista chamou a atención sobre a “densidade incrible” do mundo dos anacoretas e a súa certa "exuberancia barroca".n

Te puede interesar
Más en Universitas