UNIVERSITAS

Técnica vocal a ritmo de radiofórmula

pag5b_result
photo_camera O alumnado realizando exercicios de respiración neste obradoiro

Ciencias da Educación e do Deporte acolle un obradoiro de música vocal moderna
 

Trasladar á música vocal éxitos actuais. Este é o exercicio práctico que o profesor Pablo García propón desde hai semanas á decena de alumnos e alumnas que asisten en Ciencias da Educación e do Deporte ao Obradoiro de música vocal moderna, unha actividade inserida no programa de cursos de Extensión Universitaria promovido desde a Vicerreitoría do campus para o primeiro cuadrimestre. “O obxectivo fundamental da técnica vocal é levala á práctica”, salienta neste senso García Ferradás, que ademais de achegar aos asistentes ás claves da técnica vocal, busca tamén que estas sexan postas en práctica na propia aula a ritmo de éxitos de radiofórmula.


Éxitos de Meghan Trainor ou John Legend forman parte desa vertente práctica deste curso de técnica vocal, de 30 horas de duración, que desde novembro e ata finais deste mes de xaneiro se vén desenvolvendo no campus e que ten como obxectivo dotar ao alumnado “de todas as ferramentas posibles para sacarlle o maior proveito a súa voz”, como explica García Ferradás. “O que se trata é de saírse un pouco do que é un coro convencional, onde normalmente hai un repertorio máis clásico”, recoñece este profesor de canto, mestre e logopeda, egresado da facultade na que se desenvolve un obradoiro que toma a súa filosofía precisamente do Coro Glee que el mesmo impulsou no marco do programa Compostela Actúa, da Concellería de Xuventude deste Concello.

Te puede interesar
Más en Universitas