UNIVERSITAS

A Universidade incorpórase á oferta de cursos masivos en liña

gal1_result
photo_camera Lourdes Mourelle, Nicolás Legido, Domingo Docampo, Manuel Fernández e Vicente Goyanes durante a presentación da plataforma.

O primeiro, xa en funcionamento, xira arredor do mundo do termalismo e a balneoterapia e ultímanse outros catro

Cursos nos que calquera se pode inscribir e seguir desde calquera parte do mundo, a través de clases gravadas enriquecidas con recursos gráficos. Os MOOC, cursos masivos en liña, son unha modalidade de educación aberta que experimentou un enorme auxe e a Universidade está tamén neste carro. Presentouse no campus de Vigo a plataforma MOOC encadrada dentro do Campus Dixital do Mar, Digimar, unha acción que se suma a outras iniciativas de innovación educativa como a gravación automatizada de clases, xa implantada, coas que se busca aproveitar os recursos tecnolóxicos dos que dispón a institución para facilitar o coñecemento ao alumnado, tanto o propio como o alleo.

“Hai dous anos o reitor de Stanford declaraba que os MOOC van transformar a educación, pero aínda non sabemos como, hoxe pensamos que esta tecnoloxía está xa madura como para traela á Universidade”. Así se referiu Domingo Docampo, delegado do reitor para o Campus Dixital do Mar, á incorporación “a pleno rendemento” da universidade viguesa ao mundo dos MOOCs, unha idea na que tamén fixeron fincapé os demais participantes na presentación: o vicerreitor de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais, Manuel J. Fernández; o responsable técnico da UVigoTV, Vicente Goyanes, e os coordinadores do primeiro MOOC lanzando pola institución académica viguesa, Nicolás Legido e Lourdes Mourelle, un curso que xira arredor do mundo da balneoterapia e que están a seguir desde diferentes lugares do mundo 90 matriculados. n

Te puede interesar
Más en Universitas