UNIVERSITAS

A Universidade de Vigo cumpre 25 anos

galeria1_result
photo_camera Un momento da gala celebrada no Auditorio de A Fundación de Vigo.

A institución académica iniciou os actos conmemorativos do aniversario cunha gala na o presidente da Xunta, o alcalde de Vigo e o reitor destacaron a importancia da súa creación para Galicia

 25 anos de existencia sintetizados en pouco menos de 50 minutos. Cunha gala celebrada no auditorio da sede de AFundación en Vigo a Universidade de Vigo abriu o programa de actos que ao longo de 2015 se sucederán para conmemorar unha efeméride que ten a súa orixe na segregación das universidades de Vigo e de A Coruña da de Santiago de Compostela da que ata entón dependían. Comeza entón a historia da universidade do sur de Galicia, que foi obxecto dunha profunda análise por parte de quen forma ou formou parte dela, desde os seus reitores, persoal docente e investigador e de administración e servizo, alumnado, así como responsables de institucións políticas, académicas, económicas y culturais do país.

Nun acto conducido pola presentadora Lorena Pose e no que o grupo Caxade e o mago Xacobe foron os encargados de poñer a música e a maxia, o presidente da Xunta, o alcalde de Vigo e o reitor da Universidade de Vigo destacaron nos seus discursos algúns dos feitos máis relevantes da historia da institución, así como a importancia da súa creación para Galicia. Os discursos en directo de Núñez Feijóo, Caballero e Mato, foron intercalándose con pezas audiovisuais protagonizadas tanto por membros da comunidade universitaria, como por persoas alleas a ela, nas que abordaban diferentes aspectos sobre a súa relación coa institución, que durante o vindeiro ano impulsará un completo programa de actos nos que o coñecemento, a investigación, a cultura e o deporte, serán o eixo central das conmemoracións do 25 aniversario.

Salustiano Mato comezou o seu discurso destacando os logros dos seus antecesores no cargo, empezando por Luis Espada, que xunto ao entón reitor de Santiago, Carlos Pajares, “puxo os alicerces deste centro de educación superior”. Co segundo reitor da Universidade de Vigo, José Antonio Rodríguez Vázquez, Mato lembrou que se “perfilaron o campus de Ourense e Pontevedra”, mentres que na etapa de Domingo Docampo definiuse “o que sería a noso modelo de Universidade: nova e innovadora”. Unha vez acadadas cotas de excelencia, o actual reitor, sinalou ao seu antecesor no cargo, Alberto Gago, como o responsable “da primeira etapa de especialización” cun proxecto como Campus do Mar, que ten continuidade cos campus da Auga, Crea e o Vigo Tecnolóxico. A partir de aí, Mato centrouse na Universidade do presente, “cada vez máis preto das empresas, fonte de creación de emprego e internacional.

Pola súa banda o presidente da Xunta referiuse ao proceso de segregación das universidades de Vigo e A Coruña como "o primeiro gran reto do poder autonómico", para afirmar a continuación que "estes 25 anos son a historia dun éxito colectivo dos galegos". Tras agradecer o papel desenvolvido ao longo deste anos polos alcaldes e a alcaldesa de Vigo, así como polos presidentes da Xunta, Feijóo referiuse ao necesario espírito de "continuidade" e manifestou o seu desexo de que "dentro doutros 25, 50, 100 ou 150 anos, esta universidade siga a representar a fortaleza dun pobo". O presidente da Xunta tamén aproveitou a súa intervención para deixar claro que dunhas institucións creadas en 1989 cunha filosofía xeralista e que se replicaban, circunstancias como a regresión demográfica, obrigan a virar esta orientación cara uns campus fortes, innovadores e especializados, "un perfil", que dixo Feijóo, "acreditan os campus da Universidade de Vigo"

Te puede interesar
Más en Universitas