UNIVERSITAS

A UVigo segue acumulando medallas tras os CEU de Natación e Esgrima

equipo_result
photo_camera Un momento dunha das competicións correspondentes ao CEU de Esgrima

Judith Rodríguez acadou o bronce na súa primeira competición universitaria

Celébranse estes días os Campionatos de España Universitarios de distintas modalidades deportivas. A Universidade de Vigo conta con representantes en todas elas e están a amosar as súa boa preparación acadando medallas en moitas das competicións.
Deste xeito, os Campionatos de España Universitarios de Natación e Esgrima celebráronse recentemente en Murcia e Madrid respectivamente.


No tocante ao CEU de Esgrima 2015, organizado pola Universidade Politécnica de Madrid, cabe salientar o bronce acadado pola universitaria Judiht Rodríguez, alumna da Facultade de Educación e Deporte, quen na súa primeira competición universitaria acadou un merecidísimo terceiro posto na modalidade florete.


No que se refire ao CEU de Natación, organizado pola UCAM, destacou a presenza de Melani Costa e Mireia Belmonte. José Ramón Rey acadou a medalla de prata na modalidade de 50 braza, Laura Pimentel pola súa parte foi tamén prata nos 800 libres e bronce nos 400 libres. Por outra banda cabe tamén salientar o gran nivel que amosaron durante toda a competición os nadadores Xenia Vilariño, Marc Ciurana e Cristian Fernández.

Te puede interesar
Más en Universitas