UNIVERSITAS

Un verán plurilingüe para formarse e aprender idiomas

g1-1-_result
photo_camera Alumnos en una clase de idiomas.

Se as bicicletas eran para o verán, nos últimos anos os idiomas tamén o comezan a ser.

Se as bicicletas eran para o verán, nos últimos anos os idiomas tamén o comezan a ser. Moitos mozos e mozas aproveitan o tempo libre para aprender e formarse de cara ao que lles chegará en setembro: unha bolsa erasmus, unha estancia no estranxeiro e no mellor dos casos un traballo fóra. Co gallo de dar resposta a esta demanda o Centro de Linguas vén ofertando unha amplo catálogo de cursos de diferentes idiomas que se desenvolven principalmente nos meses de xuño e xullo, aínda que algúns deles comezan en maio.

Esperanza Rama, directora do Centro, explica que “a acollida destes cursos entre o alumnado sempre foi moi boa como proba a oferta do verán pasado”. Destaca que o catálogo deste ano non difire moito da anterior edición, pero si se introduciron algunhas novidades. "No caso da lingua alemana, ofrecemos o alemán de empresa, de supervivencia e o nivel intensivo B1.2.2, e no caso do inglés por primeira vez pódese preparar o exame oficial TOEFL”. En resumo, a oferta comprende un total de 33 cursos de diferentes niveis de 9 linguas.

Te puede interesar
Más en Universitas