DEPORTE

Visita do preparador físico da selección española de fútbol

Javier Miñano durante a súa recente visita a Ciencias da Educación e do Deporte.
photo_camera Javier Miñano durante a súa recente visita a Ciencias da Educación e do Deporte.

Javier Miñano visitou Ciencias da Educación e do Deporte, convidado polo grupo GEN.

Dúas ligas, dúas Copas de Europa e unha Intercontinental co Real Madrid e o Mundial e a Eurocopa logradas posteriormente coa selección española, en ambos casos como parte do equipo técnico de Vicente del Bosque, converteron ao preparador físico Javier Miñano en protagonista de varios dos éxitos máis importantes do fútbol español.

Mais, ao seu xuízo, xogadores e técnicos non son os únicos culpables de triunfos como os logrados por La Roja, xa que en España “hai figuras traballando na máis absoluta escuridade, que achegan moito ao fútbol español e que son un dos piares que fixeron que se puidesen levantar estes trofeos”. Refírese concretamente, ao labor de investigación que realizan expertos como o profesor da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Carlos Lago, que durante dous días exerceu como anfitrión na visita que Miñano realizou para realizar un primeiro achegamento ás investigacións que se veñen desenvolvendo na Universidade en ámbitos como o rendemento deportivo.

Convidado polo grupo GEN, que dirixe o catedrático do Departamento de Economía Aplicada Santiago Lago, Miñano achegouse ata o campus “fundamentalmente para un intercambio de opinións, para potenciar un pouco a comunicación cun grupo de investigadores moi relevante no mundo do fútbol”.n

Te puede interesar
Más en Universitas