UNIVERSITAS

Xunta e Universidade apostan polo sector aeronáutico galego

xo3_result
photo_camera Bermúdez de Castro, Conde, Mato, Cuíñas e Cebreiro na inauguración da xornada.

Salustiano Mato ofrece axuda ao tecido empresarial para buscar “espazos de oportunidade” en Asia e América

Xunta de Galicia, Universidade de Vigo e empresas están a facer unha aposta conxunta polo sector TIC galego e, máis concretamente, polo desenvolvemento en Galicia dun potente sector aeuronaútico. Esta foi unha das principais mensaxes que lanzaron o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, e o reitor, Salustiano Mato, na inauguración na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da xornada Telecomunicacións e TIC: impulsoras da innovación, organizada, con motivo da celebración o pasado 17 de maio do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2015, polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia en colaboración coa EE de Telecomunicación e o INEO, a asociación multisectorial TIC de Galicia.


Acompañados polo director da escola, Íñigo Cuíñas; o decano do COETG, Ramón Bermúdez de Castro; o novo presidente do INEO, Carlos Conde, que dende hoxe substitúe no cargo a Jorge Cebreiros, ao fronte agora da patronal pontevedresa; e por un destacado número de docentes e investigadores do centro, conselleiro e reitor deixaron claro que o sector TIC e a Universidade de Vigo “teñen moito que dicir” na renovada aposta da Xunta por este sector.
Na súa intervención Francisco Conde lembrou que nos últimos anos o goberno galego mobilizou 200 millóns de euros en apoios ás TIC.

Te puede interesar
Más en Universitas