AGE pide manter o servizo de comedor en Manzaneda

Según sinala AGE a través dunha nota informativa, o actual comedor escolar do centro atende a cativas e cativos e faino cunha dieta rica e variada de alimentos frescos

O deputado de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) Ramón Vázquez, reclama á Consellería de Educación a través dunha proposición non de lei   que "dea marcha atrás nos seus plans e manteña o servizo de comedor no colegio de Manzaneda". Segundo o deputado, as intencións da Xunta "consisten en substituir o comedor por un servizo de comida transportada e precociñada a traves dunha empresa de cateting".

Según sinala AGE a través dunha nota informativa, o actual comedor escolar do centro atende a cativas e cativos e faino cunha dieta rica e variada de alimentos frescos adquiridos, e mesmo producidos na bisbarra", polo que afirma que a súa supresión "suporía, a maiores, un desbaldimento en instalacións" . Ademáis, segundo Vázquez, "a comida precociñada, envasada e transportada non garante unha axeitada alimentación".

Te puede interesar