eleccións municipais

Ana Pontón arropou a Fernández en Viana

A portavoz do BNG destacou os investimentos en obras e servizos, as melloras nas vías tanto no rural como no casco urbano de Viana

A portavoz nacional, Ana Pontón, participou na presentación da candidatura do BNG en Viana de Bolo que encabeza o actual rexedor Secundino Fernández, para o que pediu un contundente apoio nas urnas o vindeiro 26M "como garantía de que este concello vai seguir avanzando da man do proxecto a favor da veciñanza e se frea calquera posibilidade de volver ao pasado como pretenden os que nada fixeron por este municipio durante máis dunha década".

Pontón destacou os investimentos en obras e servizos, as melloras nas vías tanto no rural como no casco urbano de Viana, e a dinamización social e cultural, "que revitalizou o concello dando incentivos para que a xente moza queira desenvolver os seus proxectos persoais nesta vila", salientou Pontón.

Pola súa parte, o candidato pediu o apoio dos veciños sobre o aval do traballo feito que contrasta co que cualificou como "etapa escura" de Viana a que pretende volver o PP. "Pero estou convencido de que ninguén quere volver para atrás, sobre todo cando iso significa volver a un concello paralizado, sen ideas, sen propostas e sen alternativas para mellorar a vida das persoas deste concello", argumentou.

Te puede interesar