O Barco acollerá a estrea da obra de teatro “Asemblea xeral”

Na produción colaboran o Centro Dramático Galego e Sarabela Teatro

O Teatro Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras acogerá o venres, 27 de maio, a partir das 21,00 horas, a reresentación de “Asemblea xeral”, obra dirixida a un público familiar da que son coautores o dramanturgo que da nome ao auditorio, Lauro Olmo (O Barco, 1922; Madrid, 1994), e a súa dona e escritora de pezas xuvenís, Pilar Enciso (Madrid, 1926; Madrid, 2008). A peza foi galardoada co premio Manuel Espinosa e Cortina da Real Academia Española da Lingua como mellor obra estreada no quinquenio 1977-1981.

Na produción colaboran o Centro Dramático Galego e Sarabela Teatro e estrearase no Barco. A directora, Fina Calleja, de Sarabela Teatro, xustificou a elección do lugar polo  “noso vencello co Barco”. Pola súa banda, Fran Núñez, director da unidade teatral da Xunta, avogou por non centralizar as estreas en Santiago de Compostela. “Non todo xira en torno á AP-9”, dixo. Ambos destacaron o papel do animador cultural barquense, Gustavo Docampo, á hora de acometer a producción, en tanto que a concelleira de Cultura e Educación, Margarida Pizcueta, afirmou que “para nós é un orgullo que unha compañía galega, Sarabela, representase en galego esta obra”.

A versión desta peza é de Fernando Dacosta e Fina Calleja, e actúan Fernando Dacosta, Sabela Gago, Fran Lareu, Héctor Martínez e Elena Seijo.

Te puede interesar