samaín

O Barco aposta por potenciar a festa do Samaín

O Concello organiza o concurso do medo ou un obradoiro de confección de cabazas

A Concellería de Cultura e Educación do Concello de O Barco deu a coñecer este xoves a programación prevista para celebrar o Samaín. Un concurso chamado de enigmas de medo, un obradoiro de decoración de cabazas ou a festa do medo da biblioteca serán parte das iniciativas previstas. 

Polo que se refire ao concurso de enigmas de medo, vai dirixido para o alumnado da ESO. Segundo explica a institución local barquense, este concurso consiste na escrita dun pequeno misterio que a través de poucas pistas faga pensar e xogar buscando a resolución dun asasinato, desaparición ou acontecemento inquietante. O gañador do concurso recibirá entradas para o parque Warner de Madrid, ademais o gañador e os finalistas serán materia de xogo na Festa de Medo da Biblioteca.

Para participar nesta iniciativa é necesario inscribirse antes do día 29 deste mes na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán. É necesario cumplimentar dous escritos, un coas pistas e outro coa historia do misterio.

En canto ao obradoiro de decoración de cabazas a concellería de Cultura salienta que "había tempo que non se realizaba unha actividade tan tradicional destas datas na Biblioteca, polo que este ano retomamos o xogo de decorar as cabazas e nabos". Tamén é necesario inscribirse. Será o día 26 de 11:00 a 13:00 horas na Biblioteca.

Os nenos e nenas de entre 6 e 11 años teñen que traer cabaza e material de decoración e mandilón, segundo requiren as bases do concurso.

A Festa de Medo da Biblioteca celebrarase no serán do 30 de outubro a partir das 18:00 horas. Ese día esta dotación deixará de lado os seus servizos para darlle cabida a unha nova Festa Infantil, con xogos dirixidos por animadores, con malabares e coa resolución do Concurso de Enigmas e o xogo cos mellores. 

Te puede interesar