Bares e comercios do Barco participan no Día das Letras

Débora Álvarez e Margarida Pizcueta, preparando os libros.
photo_camera Débora Álvarez e Margarida Pizcueta, preparando os libros.
Coarenta e tres establecementos máis os da praza de abastos liberarán cincocentos libros

Os bares, comercios e a propia praza de abastos do Barco de Valdeorras non quixeron quedar fóra das actividades do Día das Letras Galegas e apuntárones á liberación de libros. Onte, a concelleira de Cultura e Educación, Margarida Pizcueta, e Débora Álvarez, impulsora do proxecto que rematou co recoñecemento da Real Academia Galega ao poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, adicáronse a preparar os tomos e a colocarlles unha pegatina para facelos recoñecibles.

A iniciativa é froito da colaboración da Concellería de Cultura e Educación coa de Promoción Económica, Turismo, Comercio e Consumo, que dirixe Eladio Santos, e a asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco, que preside Jacobo Arias. Desenvolverase nos vindeiros días 16 e 17 de maio.

Os establecementos que se anotaron á iniciativa foron 43, ademais dos que están ubicados na praza de abastos municipal. Os seus clientes atoparán neles libros de moi diferentes temáticas, eso si, coa característica común de que todos estarán escritos en lingua galega. Por outra banda, un bo número deles son obra de autores valdeorreses. Entre eles hai moitos relacionados con Florencio Delgado Gurriarán pero tamén con Francisco Fernández del Riego, que é o protagonista do Día das Letras Galegas deste ano. 

“Pretendemos que chegen a destinatarios que os lean e os garden nas súas casas, poñer na rúa todas estas obras”, comentó Margarida Pizcueta.

A concelleira de Cultura explicou que a gran maioría dos libros foron adquiridos polo Concello aos autores valdeorreses, anque también suliñou a colaboración atopada na Deputación Provincial e na Secretaría Xeral de Política Lingüística. Pizcueta explicou que aportaron 20 e 80 volumes, respectivamente.

Te puede interesar