O BNG asegura que o PP discrimina a Valdeorras

Xosé Manuel Puga, María Albert y Suso Vilasánchez
photo_camera Xosé Manuel Puga, María Albert y Suso Vilasánchez
Representantes do partido nacionalista presentaron unha serie de propostas

A alcaldesa da Rúa, María González Albert, acompañada do voceiro do grupo municipal do BNG do Barco de Valdeorras, Xesús Vilasánchez, e do deputado provincial do BNG, Xosé Manuel Puga, criticaron “a histórica discriminación institucional que o PP exerce contra os concellos da comarca desde a Xunta de Galiza e a Deputación provincial”, algo que según explicaron, refléxase “nos orzamentos da Xunta de Galiza para 2024 así como os aleatorios orzamentos do PP da Deputación de Ourense”.

Pola súa banda, a alcaldesa da Rúa sinalou que, “das eternas promesas feitas durante anos, para 2024 só figura unha pequena partida de 436.000 euros para actuacións no hospital do Barco e unha declaración de intencións sobre o centro de saúde na Rúa, sen ningunha dotación orzamentaria concreta. E en canto a infraestruturas, mais alá de pequenos arranxos e parches que poden vir de partidas xerais de investimentos, só se recolle a mellora da OU-533”. 

Insistiu María Albert no “abandono da comarca” porque “os orzamentos presentados o pasado día 20  polo goberno autonómico, non é máis que a constatación do que o BNG leva dicindo desde fai anos”, que “este goberno do PP é un goberno esgotado, sen propostas nin alternativa aos problemas reais desta zona”. Suso Vilasánchez avanzou que para o BNG do Barco é irrenunciable unha base medicalizada do 061 que dé servizo a Valdeorras.

Te puede interesar