O BNG reclama máis investimentos para a comarca de Valdeorras

Noa Presas.
photo_camera Noa Presas
A formación nacionalista tamén pide despregar axeitadamente a cobertura de banda larga e 5G e mellorar a estrada OU-533

A deputada do BNG, Noa Presas; María Albert, alcaldesa da Rúa; Suso Vilasánchez, voceiro do grupo municipal do BNG do Barco, e Roberto Quiroga, responsábel comarcal de Valdeorras, compareceron ante os medios de comunicación para avanzar as propostas do BNG para corrixir a discriminación de Valdeorras nos Orzamentos da Xunta para o ano 2024.

A deputada  declaraba  que “é absolutamente impresentable que nos orzamentos da Xunta haxa apenas medio millón para un hospital do Barco que precisa reforzos materiais e humanos, que non haxa propostas para a restauración medioambiental, que non haxa propostas industriais pese ao liderado da comarca e que non se aborden problemas estruturais como os das infraestruturas viarias.

 A deputada nacionalista presentou unha batería de enmendas ante os medios coas que conquerir o fin da discriminación de Valdeorras nos orzamentos do PP na Xunta, empezando por blindar o dereito a unha sanidade pública de primeira.

Máis medidas

Pero tamén, continuaba sinalando Presas, é  necesario apostar pola reparación ambiental como motor económico. Pediron  que a Xunta aposte por despregar adecuadamente a cobertura de banda larga e 5G acabando coas zonas escuras. E comprometer máis investimento para para a mellora da OU-533.

Te puede interesar