Un caderno trata obra e vida de Delgado Gurriarán

A última entrega dos Cadernos Ramón Piñeiro, titulada “Estudios de Florencio Delgado Gurriarán”, pechou o ano do escritor de Córgomo (Vilamartín) para a Xunta. Na presentación, que se desenvolveu no Pazo de San Roque, estivo presente o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. Coa devandita obra, o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades lle rende unha homenaxe ao autor, figura das Letras Galegas 2022.

O representante da Consellería de Cultura salientou “o gran nivel académico dos estudos reunidos neste volume”. No acto, tamén estiveron o coordinador científico do Ramón Pieñiro, Manuel González; Luís Cochón, coeditor do volume; Miguel Anxo Seixas, colaborador e presidente da Fundación Castelao, e Ricardo Gurriarán, ensaísta e familiar do homenaxeado.

Te puede interesar