Los candidatos de O Barco difieren en sus prioridades

Casa Consistorial de O Barco de Valdeorras.
photo_camera Casa Consistorial de O Barco de Valdeorras.
El Concello de O Barco de Valdeorras está gobernado por el socialista Alfredo García, que accedió a la Alcaldía hace 24 años. La desaparición de Riada Cidadá redujo sus rivales electorales a PP y BNG.

1 - ¿Cuál cree que debería ser el proyecto estrella, a desarrollar durante la próxima legislatura?

2 - ¿Piensa que las elecciones del 28M le darán otra mayoría absoluta a Alfredo García?

3 - ¿Qué cambiaría de los proyectos municipales desarrollados durante la última legislatura?

PSOE - Alfredo García

  1. Non podo pensar nun só proxecto, xa que no noso programa hai moitos ilusionantes. Teño que destacar o remate da obra de conexión das estradas N-120 e N-536, que eliminará o tráfico pesado do centro urbano e permitirá estudar a humanización da travesía da N-536. Tamén a creación dun novo paso soterrado baixo a vía á altura da rúa Xirimil. Será só para vehículos, deixando o actual para peóns. A remodelación da praza Maior, o Plan de Mobilidade e a ampliación do parque empresarial. No apartado cultural, un museo da minería e un centro de interpretación da Vía Nova. En materia turística e deportiva, potenciar o Camiño de Inverno, o enoturismo e o turismo de natureza. Tamén un gran parque infantil no Malecón, un novo sistema de préstamo de bicicletas e obras en tódolos núcleos.
  2. O noso obxectivo é volver ter maioría absoluta. Estou convencido de que será así, porque o percibimos nas rúas, nos contactos cos veciños.
  3. Máis que cambiar, gustaríame que non teñamos que volver pasar por unha situación como a que vivimos todos, coa pandemia do covid, seguida logo por una guerra que provocou un encarecemento da vida. Estes dous feitos condicionaron a xestión municipal de xeito moi notable, obrigando a destinar recursos económicos e de persoal a paliar os efectos destes sucesos. Como exemplo, hai que destacar as axudas ao comercio e a hostalería. Pero, pese a todo, conseguimos sacar adiante moitos proxectos.

PP - Manuel Núñez

  1. Para nosotros es una prioridad la revisión del Plan Xeral de Ordenación Municipal. Todos los planes especiales de reforma interior (PERI) están parados porque caducaron, ya que el vigente es de 2003. Pretendemos abrir la construcción en O Barco, que está muy parada. No es la única prioridad. También proponemos una nueva guardería municipal y una nave municipal, aprovechando los 6.300 metros cuadrados de escombrera en que se convirtió el viejo matadero municipal. La seguridad también nos preocupa y estudiaremos la instalación de un sistema de videovigilancia mediante la colocación de cámaras. Además, en materia de sanidad, crear un centro para la silicosis en O Barco y evitar así que los pacientes tengan que ir al Instituto Nacional de Silicosis pues, como está en Oviedo, tienen que ir la víspera.
  2. Pienso que no va a tener mayoría absoluta. En el pueblo se nota que la gente quiere cambiar. No quiere decir que no vaya a seguir de alcalde, pues podrá pactar con el BNG, aunque no sabe gobernar con otra fuerza. Su trabajo se limita a coger la mochila cada cuatro años para repartir papeletas electorales. Estoy recorriendo el municipio y no se le ve por ningún sitio. El alcalde debe saber qué necesita cada pueblo.
  3. ¿Pero los socialistas hicieron algo? ¿Hay alguna obra de la que puedan estar orgullosos? No veo nada por lo que tenga que darle las gracias, por ejemplo, el contrato de la basura caducó en enero y la suciedad invade las calles.

BNG - Suso Vilasánchez

  1. Nós non temos proxecto estrela, temos proxectos prioritarios polas necesidades que vemos na comarca e na cidadanía do Barco. Polo tanto, seguimos coa idea dun bus de balde entre os núcleos rurais e a vila, reducir a zona azul e o seu prezo, recuperar o medio ambiente, activar plans de emprego e programas de envellecemento activo. Tamén impulsaremos redes de apoio á poboación vulnerábel, modificaremos o regulamento de participación cidadá para achegar o Concello á cidadanía. Crearemos ligas locais para o deporte base e daremos cobertura de fibra óptica ou 5G a todo o concello e wifi de balde. Oporémonos á depredación eólica e acometeremos obras nas diferentes parroquias. Potenciaremos o CIM e, sobre todo, defenderemos os nosos servizos públicos e a nosa industria sen obediencias a poderes externos.
  2. Non, non o creo. A xente empeza a estar farta dun alcalde que leva 24 anos de mandato, ou polo menos é o que nos transmiten moitos cidadáns. Tanto tempo nunha alcaldía fai perder o contacto coa realidade e iso é malo para a xente común.
  3. A submisión do PSOE e do PP aos dirixentes, xefes ou como se lles queira chamar, que teñen en Madrid e en Compostela, ou até na simple Deputación de Ourense no caso do PP. O Barco non é nin foi o primeiro nin para o PSOE nin para o PP. Sempre tiveron coidado de non molestar a ministros e conselleiros, ou ao presidente da Deputación de Ourense No fondo, fomos moitas veces moeda de cambio.

Te puede interesar