ENTREVISTA

“No cine inmersivo os espectadores entran na historia e forman parte dela"

El director Iago de Sant, na anterior etapa do proxecto, en Verín.
photo_camera El director Iago de Sant, na anterior etapa do proxecto, en Verín.

Unha ducia de rueses protagonizou e tamén participou no guión da curtometraxe "O Camiño inmersivo", que dirixiu Iago de Sant e que estreouse en A Rúa. Sen un guion preestablecido, o que o cineasta califica como "unha curta inmersiva", o argumento basouse no Camiño de Santiago. 

Que é un corto inmersivo?

A música ten os concertos mais o cine non tiña iso ata o de agora. Podes xerar experiencias onde os espectadores participan nelas. As chamamos inmersivas para que poidan formar parte da historia e meterse nela. Eres un personaxe da historia.

Por que A Rúa?

Viaxamos por diferentes concellos para mover o proxecto e A Rúa foi o primeiro en apostar por nós con moita positividade. Tivemos que facer dous pases, cando normalmente só facemos un, pola xente que se apuntou. Estamos empezando e temos moito que mellorar e que aprender.

Fálenos do proxecto inmersivo

Hai algo que se chama cinema inmersivo, no que nos basamos. Empezou en Londres fai dez anos e alí levan todo este tempo facendo películas coñecidas. Antes de vela vívese; é como estar dentro. Nós centrámonos na palabra inmersión e no cine. Temos unha historia nova, se monta e despois se proxéctase. Creáse un contido, que en A Rúa é de 23 minutos, pero co tempo pode ser outra película ou outra forma de creala. Non como película senón como experiencia.

Cal é o guión?

Está Samsara, que é unha viaxeira do tempo, que viaxa ata A Rúa porque necesita reclutar persoas moi preparadas para facer o viaxe definitivo. É o ano 1943 cando suceden unha serie de acontecementos e ela decide viaxar a esta época, 2020, unha época intermedia na que poden estar as persoas indicadas para a viaxe. Crean unha máquina do tempo e entre todos viaxan a 1943 e consiguen resolver o misterio que permitirá que no futuro as cousas volvan a crecer.

A experiencia do cine inmersivo tamén a levan a outros concellos de Galicia. Cales son?

No concello de Verín xa estivemos o ano pasado. Agora iremos a Lugo e despois a Valeira. Quedan outros dous proxectos por concretar. Imos crear un "crowfunding" e tódolos apoios que poidamos conseguir permitirán que a máquina do tempo poida seguir. É algo que require moita produción, moita xente e apoios. O empuxón déunolo unha subvención do Xacobeo 2021, outargada pola Xunta de Galicia.

Te puede interesar