VALDEORRAS

Comercio e centros educativos únense a favor da lingua galega

photo_camera "Uxía Pérez, María Xosé Fernández, Ángel Álvarez, Rubén López e Delia López, na presentación.

O Centro Comercial Aberto e seis colexios participan na campaña "Pon de moda o galego" 

Os socios do Centro Comercial Aberto de O Barco e os equipos de Dinamización da Lingua Galega de seis centros educativos de O Barco e Rubiá están detrás da campaña "Pon de moda o galego". Se desenrolará entre os días 11 e 24 de maio estará baseada nas camisetas con palabras en lingua galega confeccionadas polos alumnos dos colexios Condesa de Fenosa, Julio Gurriarán, Otero Pedrayo e Virxe do Camiño, xunto cos estudantes dos institutos Martaguisela e Lauro Olmo.

Unha parte destas camisetas, diseñadas polos propios estudantes, será exposta no Paseo do Malecón. O explicou María Xosé Fernández, coordinadora de Dinamización do Instituto Martaguisela, que tamén dixo que os empresarios utilizarán as restantes na decoración dos seus escaparates. Ademais, haberá un concurso e premios para as prendas mellor rematadas.

"Pretendemos promover o coñecemento do galego", explicou Ángel Álvarez, no acto de presentación da campaña. "É importantísimo ter o apoio de entidades externas aos centros de ensino. Pretendemos que as nosas iniciativas saian á rúa", engadiu María Xosé Fernández. No acto, estivo acompañada de otros tres coordinadores de Lingua Galega: Rubén López, Delia López e Uxía Pérez.

Os profesores culparon á localización de Valdeorras, que linda con León, do feito de que moita xente non usa o galego como lingua materna. "Nos colexios estamos traballando niso. O importante é manter a lingua no fogar", dixo Rubén López. Mais hai terreo para o optimismo. "Nos últimos anos vexo unha tendencia positiva", afirmou María Xosé Fernández.

Te puede interesar