O comercio do Barco entrega os premios das Letras Galegas

Os premiados, onte na Casa do Concello.
photo_camera Os premiados, onte na Casa do Concello.

O Centro Comercial Aberto do Barco entregou onte os premios da campaña “Os Vieiros de Florencio”, que organizou conxuntamente cos equipos de dinamización da lingua galega dos centros educativos da localidade. A campaña tiña como obxectivo festexar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Florencio Delgado Gurriarán.

A asociación de comerciantes premiou ás seis mellores fotografías elaboradas polo alumnado destes centros. Foron expostas nos escaparates dos comercios asociados que participaron na campaña.

Os galardóns  consisten en vales de 25 euros que os premiados poderán gastar nas librerías da asociación. Ademais, sorteouse un vale de 50 euros de entre todos os que participaron na xincana da campaña, consistente en atopar as fotografías nos comercios e selar o folleto de participación, tal e como apuntaban dende o CCA.

Te puede interesar