Como facer a Ruta do Viño de Valdeorras do 5 ao 7 de maio

Viñedo de Valdeorras, actualmente en fase de floración.
O programa de actividades da Ruta do Viño de Valdeorras desenrolarase entre o 5 e o 7 de maio

A Ruta do Viño de Valdeorras terá lugar do 5 ao 7 de maio. O programa comeza cun acto de inauguración o venres 5 de maio ás 20,30 horas no Hotel Monumento Pazo do Castro (O Barco de Valdeorras). Para as rutas, haberá un servizo de transporte para visitar adegas o sábado 6 e o domingo 7 de maio. O prezo será de 10 euros adulto e  5 euros nenos (de 3 a 13 anos).

Sábado 6 de maio

  • Ponferrada: Saída ás 10,00 horas dende o albergue dos peregrinos e volta ás 21,30 horas. Visita á Adega do Pinguelo (11,30 horas). Ás 14,00 horas, tempo libre para xantar na Rúa. Ás 16,15 horas, visita a Adega da Coroa e ás 18,45 horas, visita a Adega do Casal.
  • A Coruña: Saída ás 08,30 horas dende a parada de buses do Obelisco e retorno ás 21,30 horas. Ás 12,00 horas será a visita a Adega da Xabreira e as 14,00 horas, tempo libre para xantar na Rúa. Visita a Adega  Alan de Val, ás 16,30 horas.
  • Santiago: Saída ás 08,30 horas dende a parada de buses da Praza de Galicia e volta ás 22,15 horas. Ás 12,00 horas visitarase a Adega Roandi e as 14,00 horas, tempo libre para xantar no Barco. Ás 16,15 horas, visitaranse os vestixios da Rúa Nova.  Ás 17,15 horas, visita a Adega Joaquín Rebolledo.
  • Ourense: Saída ás 09,00 horas desde o Parque de San Lázaro e recollida e Monforte de máis participantes. O regreso será ás 20,30 horas. Ás 11,00 horas, visita a Adega Melillas e ás 12,45, Adega O Casal. Ás 14,30 horas tempo libre para xantar no Barco e posterior visita ás adegas Godeval.
  • Vigo: Saída ás 08,30 horas desde a avenida de Madrid e regreso ás 22,00 horas. Ás 12,30 horas, visita a Adega A Coroa e as 14,30 horas tempo libre para xantar no Barco. Ás 16,30  horas, roteiro polo Barco de Valdeorras. Ás 17,45 horas, visita a Adega O Cepado.

Domingo 7 de maio

  • Santiago: Saída ás 08,30 horas dende a parada de buses da Praza de Galicia e volta ás 21,30 horas.  Ás 11,45 horas, visita á Adega Melillas e  as 13,45  horas, tempo libre para xantar na Rúa. Visita posterior a Adega da Pinguela e o barrio do Carballal.
  • A Coruña: Saída ás 08,30 horas dende a parada do Obelisco e volta ás 21,30 horas. Visita a Adega O Cepado ás 11,30 horas e dúas horas máis tarde, visita a Torre do Castro. Ás 14,00 horas, tempo libre para xantar no Barco. A ruta remata coa visita a Adega Joaquín Rebolledo.
  • Vigo: Saída ás  08,00 desde a Avenida de Madrid e volta ás 22,00 horas. Visita ás Bodegas Godeval (11,30 horas)  e ás 13,45 horas, tempo libre para xantar na Rúa.  Ás 16,00 horas, paseo pola zona vella da Rúa e posterior visita a Adega Alan de Val.

Te puede interesar