RUTA DOS VIÑOS DE GALICIA

Ruta do Viño de Valdeorras: actividades para a simbiosis entre viño e historia

Una copa de vino.
photo_camera Una copa de vino.
Este é o programa de actividades da Ruta do Viño de Valdeorras entre o 5 e o 7 de maio

A Ruta do Viño de Valdeorras terá lugar do 5 ao 7 de maio, pero hai moitas mais cousas que facer alí.

Acto inaugural

As rutas polas terras de Valdeorras comezan cun acto de inauguración que terá lugar o vindeiro 5 maio no Hotel Monumento Pazo do Castro de O Barco de Valdeorras, un edificio do século XVII que destaca pola sua arquitectura paciega. O acto será 20,30 a  22,30 horas. Darase a benvida especial ós visitantes e ofrecerase unha actuación musical.

Merendiña entre cepas

O sábado 6 de maio entre as 17,00 e as 20,00 horas terá lugar esta actividade consistente en camiñar ata un viñedo que medra sobre un xacemento de ouro en Éntoma. Ao rematar a andaina gozaremos dunha merendiña entre as súas cepas. Contaremos coa intervención da sommelier Mercedes González.O punto de inicio da actividade será a Adega Roandi, a onde regresaremos despois para visitar as súas instalacións.

O viño na compaña do Sil

O sábado de 12,00 a 14,00 horas, unha experiencia na que os participantes gozarán dunha cata conducida pola sommelier Mercedes González. A degustación incluirá varios tipos de viños dos asociados á Ruta de Viño de Valdeorras tomados como aperitivos xunto a gorentosos bocados elaborados con conservas. Esta actividade estará amenizada pola actuación músical da regueifeira Lupe Blanco.

O viño e o Camiño de Inverno

O sábado, de 09,30 a 14,00 horas, roteiro polo Camiño oficial de Inverno ao seu paso por Valdeorras. A andaina comezará no casco vello do Barco e finalizará en Arcos, cunha cata e degustación de petiscos. O roteiro contará con explicacións históricas dos puntos percorridos como a ponte de Éntoma, a zona vella do Barco de Valdeorras e sobre os viñedos. Unha vez finalizada a actividade un autobús desprazará ao grupo ata o punto de inicio.

Historia de Larouco e a cultura do viño

O domingo 7 de 11,00 a 14,00 horas, andaina de aproximadamente 5 quilómetros entre viñedos e lagares de Larouco. Os participantes irán acompañados dun arqueólogo que explicará a historia desta poboación, moi ligada ao viño. Durante esta ruta poderanse admirar os lagares excavados no chan e camiñar por un tramo da Vía Nova, a calzada romana do século I que unía Astorga con Braga. A actividade rematará coa cata dalgúns dos viños de Valdeorras.

Parque Natural Serra da Enciña da Lastra

O Venres 5, o sábado 6 e domingo 7 de maio, de 10,30 a 14.00 horas e de 16,00 a 19,30 horas,  visita ao parque natural ubicado no concello de Rubiá, onde a aciñeira, que dá nome ao parque, ten historia de seu. O parque posúe un gran número de “palas”, covas (aquí está a meirande rede de cavidades subterráneas de Galicia). A fauna da serra está composta por aves rapaces, morcegos e un gran número de invertebrados ligados ao característico clima da zona.

Cata, canta e pincha cos viños de Godeval

O sábado 6 de maio, de 20,30 a 22,00 horas, Bodegas Godeval organiza unha cata vertical de viños, que nos servirá para analizar o paso do tempo, mentres celebramos unha festa especial na que os asistentes poderán cantar cun karaoke unha selección das cancions de sempre. A degustación incluirá petiscos. Requírese reserva previa telefónica antes do mércores 3 de maio. o grupo mínimo de participantes será de 20 e o custo é de 20 euros por persoa.

Cea-cata maridaxe

O sábado 6 de maio, ás 21,30 horas, haberá unha cea e cata maridaxe con viños da adega Virgen del Galir comentada polo seu enólogo. A cea terá lugar no restaurante do Pazo do Castro. Este Hotel-Monumento 4 estrellas, restaurante e spa, está situado na ladeira sobre o Valle do Sil, en Vila do Castro, O Barco de Valdeorras. Foi declarado Edificio Histórico Artístico e data do século XVII.O prezo é de 40 euros por persoa.

Actividades en "A Pontevella"

O venres 5 de maio, ás 20,00 horas, haberá cantos de taberna en A Pontevella, con degustación de produtos da zona e dúas consumicións. O prezo é de 18 euros por persoa. O sábado 6 de maio, ruta por un tramo do Camiño de Inverno desde Pumares, con parada no pobo abandoado de Nogueiras. Remate en Sobradelo, coa visita á súa ponte románica. Nos xardíns terá lugar unha maridaxe de viños. O domingo 7 de maio, almorzo estilo brunch só para clientes aloxados.

Entre lousas e viños

O sábado 6 de maio (de 10,00 a 13,45 horas), a empresa de servizos Enoturismo Galicia organiza unha visita aos bancos, as montañas de onde se extraen as lousas, para ver como se fai e o posterior traslado das mesmas á planta de transformación, onde coñeceremos os diferentes traballos, ata chegar ao momento da súa embalaxe e expedición. Para finalizar a xornada visitaremos unha adega da D.O. Valdeorras, onde degustaremos uns viños acompañados de petiscos típicos da zona. 

Actividades "Valdeorras e viño"

O sábado 6 de maio, ruta guiada pola historia da comarca de Valdeorras:Casa Señorial Mosteiro de Xagoaza, visita a Bodegas Godeval para coñecer outra parte da historia de Valdeorras, pasearemos pola viña e visitaremos a adega e a Cova dos Monxes, onde cataremos un dos seus viños acompañado dun petisco tradicional. Paseo guiado polo castelo medieval do Bolo de aproximadamente hora e media de duración. Remataremos coa cata de dous viños elaborados nestas terras, acompañados dun petisco tradicional.

Ruta en bicicleta eléctrica

O sábado 6 de maio, de 10,00 a 14,00 horas, a empresa de servizos Rutas Xanzá organiza un paseo polo Parque natural Serra da Enciña da Lastra, de aproximadamente 42 quilómetros de lonxitude, polo concello de Rubiá. Rematará cunha cata de viños e petiscos nun miradoiro sobre o río Sil. O custo será de 10 euros por persoa (inclúe aluguer de bicicleta e cata). Para os participantes que traían a súa propia bicicleta eléctrica, a actividade será de balde. Está preparada para un grupo máximo de 20 participantes.

Fin de semana en Valdeorras

O venres 5, sábado 6 e domingo 7 serán xornadas para desfrutar de experiencias turísticas inolvidables. A  axencia de viaxes “Verdant Experiences” oferta un total de catro paquetes turísticos diferentes consistentes nunha estadía de dúas noites en Valdeorras que inclúe a realización de diversas actividades. As saídas para esta actividade son dende Ourense e Monforte de Lemos. A actividad está planificada para un grupo máximo de 16 participantes e un mínimo de 8 para as actividades.

Te puede interesar