Tanxugueiras actúa nas Festas do Cristo do Barco: ¿cando e onde será o concerto?

As galegas, entre as favoritas para representar a España en Eurovisión, actúan a vindeira semana en Ourense

O grupo galego Tanxugueiras actúa a próxima semana en Ourense. O trío conformado por Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro estarán nas Festas do Cristo do Barco, onde os barquenses asistirán a un directo intenso e cheo de enerxía. Un concerto que leva ao Barco o folk galego a través de cancións nas que a harmonía e a naturalidades conviven coas músicas e letras do grupo e na que soarán temas tan famosos como "Midas", "Figa" ou "O querer".

¿Cando e onde será o concerto das Tanxugueiras?

O grupo actuará o vindeiro martes 14 no Barco. As Tanxugueiras serán as encargadas de pechar a programación das festas do Cristo. A cita será no campo da festa a partir das 21,00 horas.

Tanxugueiras, favoritas para Eurovisión

As galegas Tanxugueiras foron unha das sorpresas de Eurovisión despois de que a súa canción "Figa" fora a elexida polos fans na votación interna. Trátas dunha enquisa na que os fans de Eurovisión votan aquela canción e artista que queren que represente a España en 2022.
 

Esta enquisa non é definitiva e será necesario agardar ao Festival de Benidorm, que se celebrará a comezos de 2022, para saber quen será o artista elixido para representar a España en Eurovisión 2022.

Te puede interesar