Cristina Pato será xurado do Premio Delgado Gurriarán

Os membros do xurado do IV Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán xa teñen nome. A súa identidade foi desvelada onte polos organizadores do proxecto “As Letras de Florencio”, quenes destacaron os perfís dos seus compoñentes: “Artistas, docentes, poetas, investigadoras, críticos literarios e actividades culturais”.

Nesta edición, son os seguintes: Cristina Pato, unha das creadoras ourensanas con maior proxección internacional; María Xesús Lama, profesora da Univesitat de Barcelona e tamén investigadora; Ramón Nicolás, crítico literario, profesor, tradutor e escritor; Antía Balvís, poeta e activista cultural; Emilio Vega, bibliófilo, divulgador e membro de Valdeorras Infinda e de As Letras de Florencio; e Eliún del Pazo, a poeta que gañou a última edición do premio.

Ao certamen poden presentarse poemas inéditos en galego, de entre 15 e 90 versos, sendo o fin do prazo para entregalos no Concello de Vilamartín de Valdeorras o vindeiro 29 de setembro. A obra gañadora levarase un premio de 3.000 euros e desvelarase a finais de outobro no Teatro Lauro Olmo de O Barco.

O premio ten o respaldo da Deputación de Ourense e dos concellos de O Barco, Vilamartín, A Rúa, Rubiá e Petín. Os gañadores das edicións anteriores foron Jorge Moral, Raúl López e Eliún del Pazo. 

Te puede interesar