Colaboración

A Deputación formará parte da Fundación Florencio Delgado Gurriarán

undefined
Baltar indicou que apoiarán nos actos para lembrar a figura do valdeorrés Delgado Gurriarán

A Deputación formará parte da Fundación Florencio Delgado Gurriarán para "manter vivo o legado dun valdeorrés universal, máis aló dos actos e das homenaxes que se celebren en 2022 con motivo da dedicatoria das Letras Galegas". O presidente do ente provincial, Manuel Baltar, mantivo unha reunión cos representantes dos concellos da Rúa, O Barco e Vilamartín e coa directora da comisión que impulsa a posta en marcha da fundación, Débora Álvarez. 

Neste encontro analizaron os actos que levarán a cabo para lembrar a figura de Delgado Gurriarán ao longo do próximo ano, coincidindo coa dedicatoría polo Día das Letras Galegas. Baltar sinalou que o obxectivo é "dar continuidade e estabilidade á difusión da súa obra e á divulgación de cuestións referidas ao desenvolvemento da comarca de Valdeorras nos máis diversos ámbitos". 

Baltar comprometeuse a colaborar na posta en marcha durante o 2022 de diferentes actividades con Gurriarán como protagonista. 

Te puede interesar