DISTRIBUIDORA FAMILIAR
Gaseosas Roca, medio siglo creciendo junto a Valdeorras y Coca-Cola
Día das Letras Galegas
O protagonista do Día das Letras Galegas 2022, Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo-Vilamartín, 1903; Fair Oaks-Estados Unidos, 1987) converteu este martes a Valdeorras na capital da cultura galega, unha comarca idónea para o primeiro acto institucional do presidente da Xunta. “Non se me ocorre mellor maneira de comezar a miña andaina que hoxe aquí, na comarca de Valdeorras, celebrando un día tan importante para Galicia, para a nosa cultura, para a nosa lingua”, confirmou durante a súa intervención Alfonso Rueda.
No seu discurso non faltaron verbas de louvanza do protagonista deste 17 de maio. “O traballo constante de impulso ao que Florencio e os seus coetáneos dedicaron -e arriscaron- as súas vidas estivo orientado a que hoxe a nosa lingua sexa, como é, un espazo vivo de encontro entre todos os galegos”, comentou Rueda, que tamén lembrou o ingreso no hospital de outro escritor, Domingo Villar, a quen desexou unha pronta recuperación.
Ademais do nome de Villar, no auditorio barquense tamén se escoitaron os de Pura e Dora Vázquez. O presidente da Deputación provincial, Manuel Baltar, plantexou adicarlles o Día das Letras Galegas 2023, indicando que foron “poetas, narradoras, dramaturgas e articulistas en lingua galega nos escuros tempos da Ditadura”, se ben foron os textos de Delgado Gurriarán os que centraron a súa intervención. Así, aludiu á toponimia reclamada polo vilamartinés: “Nove concellos que conforman nove latitudes. Un universo marabilloso, un val de vales agarimado por outras serras, presidido pola soberana grandeza de Pena Trevinca (2.127 metros de altitude), a testa erguida da ‘Galicia Infinda’”.
A quenda de intervencións abrira o alcalde de O Barco, Alfredo García, quen, referíndose ao poeta exiliado en México, destacou “o seu compromiso coa lingua e coa terra”. Non dubidou o rexedor en referirse aos tempos nos que presidiu a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), nos que mantivo numerosos contactos co presidente galego, e afirmar: “Non teño ningunha dúbida de que Valdeorras vai estar no seu corazón”. “Córgomo e Valdeorras son hoxe a capital da cultura galega no mundo”, dixo o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, que atribuiu a designación de Florencio Delgado ao propósito de “evocar e agradecer o mundo dos exiliados de México”.
O familiar do escritor de Córgomo, un emocionado Ricardo Gurriarán, o calificou como “un home sensible, intelixente e que deoixou pegada”.
No acto, o músico Roi Casal interpretou dous temas antes de rematar co himno galego.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DISTRIBUIDORA FAMILIAR
Gaseosas Roca, medio siglo creciendo junto a Valdeorras y Coca-Cola
IMPULSO AL TEJIDO EMPRESARIAL
La Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) continuará apostando por la formación tras el verano
COMUNICACIÓN CON LA CAPITAL
La comarca de Valdeorras recupera el bus directo a Madrid en verano