ENTREVISTA

Elías Rodríguez: "Os empresarios preguntan polo polígono cada vez que calan da A-76"

multimedia_14474613265948.multimedia.photos.14474613265949
photo_camera Elías Rodríguez Núñez, alcalde popular de Rubiá.

O alcalde popular de Rubiá, Elías Rodríguez Núñez, afronta o seu cuarto mandato ao frente do Concello, un cargo que tamén desempeñou ou seu pai.

O alcalde popular de Rubiá, Elías Rodríguez Núñez, afronta o seu cuarto mandato ao frente do Concello, un cargo que tamén desempeñou ou seu pai. Con seis concelleiros do PP no equipo de goberno e tres do PSdeG-PSOE na oposición, ten ante si un mandato tranquilo, salvo sorpresas.

Que balance fai dos primeiros días de mandato?

Non é a miña primeira lexislatura, polo que hai unha continuidade da anterior. Sempre hai asuntos que quedan pendentes e nestes primeiros meses retomamos os que quedaron aparcados, como algunhas subvencións da Xunta, da Deputación ou os Plans Provinciais. É dicir, hai un certo labor de continuidade. Esto permítenos ir tomando o pulso á nova lexislatura e plantexar unha serie de proxectos para desenrolar nos vindeiros meses.

Como se porta a oposición?

Algunhas veces, lóxicamente, temos discrepancias. Pódese dicir que, como sempre fixo en Rubiá, tenta ser constructiva, pois as veces podes plantexar cousas que non son realizables. O comportamento é bo, correcto. A relación que temos é boa, a pesar das discrepancias. Penso que por parte deles tamén é así.

E as Administracións. Como se portan con Rubiá?

Coa Administración central prácticamente non temos relación. As que nos tocan máis de cerca, sempre se portaron ben. Anque pretendemos ser reivindicativos, teñen aportado o seu gran de area. Accedemos a todas as liñas de subvención. Oxalá aportarán un pouco máis, pero colaboran co Concello de forma considerable.

É dificil levar un concello no rural?

É moi difícil. Sobre todo nos concellos pequenos. Son o primeiro punto de información ó que se dirixe o cidadán, sobre todo naqueles temas nos que non sabe onde ir. Os veciños plantéxannos tantas cuestións que nos desbordan e superan, non só polas nosas competencias, senón ó buscarlle unha solución. Sempre hai que orientalos ou solucionarlles o problema.

Ten futuro o rural?

Véxoo moi complicado. Neste momento, e a pesar dos esforzos dos concellos. O problema ao que nos enfrentamos todos é o da despoboación. Xa non se pode dicir que sexa preocupante, é peor que preocupante.

En que momento está o parque empresarial?

Está totalmente rematado e con tódolos servizos. Hai unha nave feita, a de Castañas Rafael, que ocupa unha parte considerable e é emble- mática. O parque empresarial é un dos asuntos nos que estamos traballando. A nosa intención é sacar á venda a parte do chan industrial que lle corresponde ao Concello. Temos que intentar sacalo á venda a un precio competitivo.

Que resultado diu adxudicar a construcción a unha empresa a cambio de parte das parcelas?

O parque empresarial era unha demanda antiga. Todos considerabamos que se construíu no si- tio ideal. Ao lado dunha carretera e con boa comunicación. Nesa zona xa hai máis naves. Era unha demanda que existía dende hai moito anos e non había forma de facelo de outro maneira . Naquel momento, a Xunta aprobou o proxecto e nolo deu. A única maneira de sacalo adiante foi como fixemos, porque 1,5 millóns de euros son excesivos para as arcas municipais. Fixemos un procedemento de concesión de obra urbanizadora e se interesou unha empresa. Quedouse prácticamente coa metade do terreo e hoxe, vendo todo o proceso, penso que foi un éxito rotundo.

Hai demanda empresarial?

Hai empresas que compraron terreos pero aínda non se plantexaron construir as naves. De feito, unha quería presentar o proxecto en breve. Estamos esperando. É curioso que cada vez que sae un anuncio da A-76, e por eso digo que vai ter o futuro garantizado, había alguén que chamaba para preguntar polo par- que. De feito, a autovía pasa a cen metros. A súa localización é a ideal.

Que supón para Rubiá, e Valdeorras, a A-76? 

No que atinxe a Rubiá, é unha das infraestructuras que vai garantizar un futuro prometedor no terreo empresarial. Para Valdeorras vai ser fundamental. É unha vía de comunicación importantísima.

E o parque natural Serra de Enciña da Lastra? Quizais se esperaban máis visitantes?

Estamos falando do parque máis recente; do último que se aprobou, o máis pequeno e que só afecta a un concello. Ao estar so en Rubiá é máis difícil facer forza. Creo que traballando conxuntamente as distintas administracións sairá adiante. Vemos que, a pesar de que, ao mellor, non se inviste todo o que se debía, en certas épocas hai af luencia de xente. Ten moita máis aceptación que a que nós mesmos pensamos, mais hai que seguir traballando e promocionando, e sobre todo hai que poñer en valor os seus recursos. É un dos obxectivos que temos para esta lexislatura. Hai valores que non son unha realidade porque están escondidos, como pode ser un tramo da Vía Nova, o Camiño alternativo do Camiño de Inverno.

Cóntenos os seus proxectos.

Un é o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). É prioritario. A intención é aprobalo canto antes. Ao mesmo tempo, preparamos os Plans Provinciais, subvencións e a venda do chan industrial. Xa para máis adiante, queremos promocionar e poñer en valor os recursos do parque natural. Ten que ser un obxectivo prioriatario nesta lexislatura. Penso que é o maior valor que temos. Ademais, está o problema da vivenda. Pretendemos rehabilitar un edificio de seis vivendas co obxectivo de atraer poboación. 

Te puede interesar