Os expertos reivindican políticas activas para as zonas de alta montaña

<p></p>
photo_camera Ponentes e cargos electos que participaron na xornada celebrada en Pobra de Trives.

Participaron nunha xornada de debate na Casa da Cultura de Pobra de Trives 

Expertos en figuras de protección medioambiental protagonizaron onte, xunto a labregos de alta montaña e representantes de parques naturais protagonizaron onte unha xornada sobre "As figuras de protección medioambiental da Unión Europea en zonas de montaña". Esta actividade estivo promovida polo Grupo da Esquerda Unitaria Europea da Eurocámara e celebrouse na Casa da Cultura de Pobra de Trives.

A xornada abriuna a eurodeputada de AGE Lidia Senra, quen reivindicou políticas activas para manter a actividade agraria e gandeira nas zonas de montaña. Senra reivindicou o papel das montañas e a necesidade de que desde as institucións políticas "non se esqueza ás persoas que viven nelas para poder manter vivas estas zonas".

Na xornada da mañá participiparon preto dun cento de personas, actuando como poñentes o enxeñeiro de Montes Guzmán Ouro, que foi presentado polo alcalde de Manzaneda, David Rodríguez. Así mesmo, a dirixente do Sindicato Labrego Galego Isabel Vilalva e os expertos Víctor Andrés Álvarez Arias e Xosé Santos Otero participaron nunha mesa presentada polo deputado de AGE no Parlamento Galoego Antón Sánchez.

Na xornada da tarde a pastora Neves Fernández e o membro de Labregos Daiquí Manuel García falaron sobre as súas experiencias na montaña, sendo presentados pola membro de Anova Vanesa Garrido. O alcalde de Somiedo (Asturias), Berlamino Fernández, pechou a xornada falando sobre o parque natural daquel concello asturiano, nunha mesa que pesentou o deputado de En Marea Miguel Anxo Fernán Bello.

Te puede interesar