VALDEORRAS

Ferido un motorista en Viana do Bolo tras sufrir unha caída

O sinistro tivo lugar ao redor das 14,00 horas da tarde do sábado no quilómetro 16 da estrada N-533.

Un motorista resultou ferido logo de sufir unha caída mentres circulaba polo termo municipal de Viana do Bolo (Ourense), segundo informou o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia.

O sinistro tivo lugar ao redor das 14,00 horas da tarde do sábado no quilómetro 16 da estrada N-533.

Un particular deu aviso á central de emerxencias do 112 Galicia, que puxo o caso en coñecemento de Urxencias Sanitarias 061, o GES da Gudiña, Protección Civil e a Garda Civil de Tráfico.

Te puede interesar