CULTURA

Festival literario Al Majisti: turismo, ciencia y cultura en A Veiga

Observatorio astronómico de Trevinca.
photo_camera Observatorio astronómico de Trevinca.
Concertos e teatro completan un programa de encontros literarios e conferencias relacionados coa astronomía

Nace un novo evento literario no rural de Galicia, Al Majisti Festival, que propón un diálogo entre literatura, astronomía e música, con afán de convertirse nunha das citas culturais máis importantes da provincia de Ourense, e que terá en A Veiga o protagonismo ao longo dos vindeiros días, desde o venres 17 ata o domingo 19 de Maio. 

O nome Al – Majisti  (“o máis grande”, “El Almagesto” en castelán) é o nome árabe orixinal co que se coñece o gran tratado astronómico de Claudio Ptolomeo. Deste xeito, A Veiga acolle o mais grande festival literario – astronómico existente  na actualidade , non só en Galicia, senón en España . Tamén é “o mais grande” porque na Veiga están as máis grandes alturas de Galicia, os denominados “dousmiles” de Galicia, e porque o concello é o maís grande en extensión de Ourense. O centro astronómico  será o espazo no que se desenvolverá esta actividade cultural, no concello do territorio galego mais afastado de mar, sen esquecer que o  Instituto Geográfico Nacional declarou o Polo de Inaccesibilidade de Galicia na  Lagoa dos Pichos (tamén en A Veiga). 

Cultura no rural

Al Majisti, subvencionado polo Ministerio de Cultura Plan fomento da Lectura,  é un evento que aposta pola cultura alta montaña Galega: no rural tamén se lee, en A Veiga tamén se lee.

O de A Veiga é un Festival de reto demográfico. Desde el concello de A Veiga destaca que “a experiencia demostrou que os investimentos e servizos ao redor de grandes núcleos urbanos ten como consecuencia o abandono do ámbito rural o que provoca un evidente desequilibrio socio-territorial e desigualdades sociais. A crise de territorio materializouse na diferenza de oportunidades, tamén no cultural ,  para uns e outros en función do seu lugar de residencia, un reto que este festival vén a correxir”. Al Majisti Festival é unha oportunidade para aprender, descubrir e disfrutar dos libros  vínculados a astronomía,  en unha localidade de referencia dentro do turismo astronómico da Península Ibérica.

Antonio Pazos, Montserrat León y Afonso Vázquez - Monxardín
Antonio Pazos, Montserrat León y Afonso Vázquez - Monxardín

Venres, 17 de maio “Del Mare Nostrum a la Mar Oceána”

10,00 horas: acreditación de asistentes; 10,30 horas: inauguración (preside Juan Anta Rodríguez, alcalde do concello); 12,00 horas conferencia “El Señor de los epiciclos. Un recorrido por el Almagesto de Claudio Ptolomeo” con Carlos Tejero Prieto (doctor en Matemáticas Universidad de Salamanca); 13,00 horas conferencia “La Navegación Astronómica: Tiempo y Faros Estelares“ con Antonio A. Pazos García (director del Real Instituto y Observatorio de la Armada); 16,30 horas conferencia “Los conocimientos científicos de Cristóbal Colón: la tesis pezonoidal” con Jesús Varela Marcos (catedrático emérito Historia de América de la Universidad de Valladolid). Firma e entrega do libro (transcripción e edición facsimilar) “Diario de Cristóbal Colón” “Cristobal Colón y el descubrimiento del Nuevo Mundo”;  18,00 horas conferencia “Juan Rodríguez de Fonseca y su programa de descubrimiento hacia tierras asiáticas” coa doctora María Montserrat León Guerrero (directora do Centro de Estudios de América-Casa de Colón. Valladolid). Firma e entrega do libro “Cristóbal Colón y su viaje de confirmación”; 20,30 horas concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre; 22,00 horas cena; 23,30 horas observación astronómicao “Las constelaciones de Ptolomeo” con Oscar Blanco Varela no Centro Astronómico de Trevinca.

Sábado, 18 de maio “Del Mare Nubium: Alphonsus”

17,00 horas: conferencia “La Astronomía en el Universo Alfonsí“ con Fernando Jauregui (astrofísico do Planetario de Pamplona). Ás 18,00 horas proxección da película fulldome “Alfonso X el Sabio“ (producción do Planetario de Pamplona e o Museo de las Ciencias de Castilla La Mancha); 20,30 horas concerto con Coanhadeira; 23,30 horas observación Astronómica, observacióne fotografía de paisaxes nocturnas con Óscar Blanco Varela (director do Centro Astronómico de Trevinca). 

Domingo, 19 de maio “De Finis Terrae: Gallaecia”

11,00 horas encontro literario con Rodrigo Costoya Santos “A incrible historia do Colón galego”. Presentación, firma e entrega do libro “Portosanto: El Enigma de Colón”. 12,00 horas conferencia “Alfonso X, Ourense e as Cantigas de Santa María” con Afonso Vázquez - Monxardín (catédratico de Lingua e Literatura Galega. Consello da Cultura Galega). Presentación, firma e entrega do libro “Alfonso X e Ourense”; 13,00 horas acto de clausura; 17,00 horas teatro familiar “Rosalía“ con Cultura Activa SCG.

Te puede interesar