Galaxia reedita varias obras de Delgado Gurriarán

photo_camera O autor valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán.

Galaxia publica “Bebedeira”, “Galicia infinda” e “O soño do guieiro”, que son os libros de poemas do escritor valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, e que a editorial recupera co gallo da súa homenaxe no Día das Letras Galegas 2022.

Coa súa publicación, Galaxia contribúe na homenaxe, incluíndo nas súas novidades editoriais do primeiro trimestre os seus tres poemarios. Ao mesmo tempo, a editorial galega publicará o libro “Florencio Delgado Gurriarán: vida, obra e antoloxía”, de Xesús Alonso Montero, e tamén o volume “Vida e obra dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista”, escrito por Ricardo Gurriarán, publicado orixinalmente en 1999, e agora recuperado por Galaxia.

As obras do homenaxeado serán publicadas na colección Letras Galegas Clásicos, formada por reimpresións que a editorial rescata para poñer en valor o legado do escritor.

Te puede interesar