'Interpretar a Romeo é un reto'

Christian Escuredo subiuse por primeira vez a un escenario fai cinco anos. Agora, protagoniza a Romeo.
O Teatro Lauro Olmo acolle hoxe, ás 21,00 horas, a versión de “Teatro do Noroeste” do clásico “Romeo e Xulieta”, de Shakespeare. O papel de Romeo o fará un barquense, Christian Escuredo Núñez, estudante de Terceiro de Interpretación Textual na Escola Superior de Arte Dramático.
¿Que supón para un actor interpretar a Romeo?
É algo moi importante. Os persoaxes de Shakespeare foron dos primeiros máis logrados. Resulta complexo, pero para un actor é todo un reto. Tamén é unha responsabilidade bastante grande; cando mo propuxo o director, Eduardo Alonso, quedei moi sorprendido.
¿Canto tempo leva nos escenarios?
Levo de profesional dende os 18 anos. Agora estou preparando o segundo disco como solista, que sairá para o ano que ven. O primeiro “Inesperadamente” obtivo o Disco de Ouro galego, polas ventas, uns 4.000 exemplares. O segundo é moi diferente, máis persoal e desgarrador.
¿Cal foi a primeira peza teatral na que traballou?
O ano pasado empecei traballando no musical de Olga Margallo “Viva o Teatro”. Ao terminar propuxéronme facer o Romeo, con Teatro do Noroeste. O seu director é, xunto a Xullo Lago, un dos que máis importancia se lles da en Galicia. Traballar con Eduardo Alonso é todo un orgullo para min.
¿Varía moito a versión actual da clásica de Romeo e Xulieta?
Non é musical. É unha versión do clásico de Shakespeare, na que hai unha gran adaptación levada a cabo por toda a equipa de Teatro do Noroeste. Varía moito nas personaxes; elimina a figura do boticario e do fraile e crease unha nova, que encarna Luma Gómez, que interpreta a unha mendiga.

Te puede interesar