Un libro reúne a historia e o patrimonio de Chandrexa de Queixa

O volume 'Chandrexa de Queixa, patrimonio artístico e tradición oral' percorre un total de 28 igrexas, espalladas por 18 parroquias do municipio para recuperar a cultura popular e arquitectónica da zona. Editado pola Deputación, terá un prezo de 12 euros. Está firmado por José Flaminio González, veciño do concello, que o presentou no Centro Cultural Marcos Valcárcel, acompañado polo alcalde de Chandrexa, Francisco Rodríguez, e o presidente da Deputación, Manuel Baltar.
O autor salientou a intención de lembrar a historia que gardan os templos dos montes da Serra de Queixa a través da súa arquitectura e ornamentación en consonancia coa tradición oral relacionada con estes edificios para 'evitar que as lendas se perdan'. Como valor engandido, González indicou o feito de que colaboraron na documentación persoas xa falecidas.

Pola súa banda, Baltar defendeu o servizo editorial da Deputación porque, sen el, 'sería difícil que libros coma este visen a luz'. Sobre o municipio, o organismo provincial xa editara en 2010 o volume'Chandrexa de Queixa. Patrimonio natural'.

Te puede interesar