La categoría artística fue para la escuela infantil Os Xuglares

Las 'mulleres rurais' de Veigamuiños ganan el premio de los maios

Plano general de la Festa dos Maios, en O Barco.
La Festa dos Maios congregó en O Barco a numerosos vecinos, que pudieron observar las 13 creaciones inscritas en el concurso que organizaron el Centro Comercial Aberto y el Concello.
El primer premio de la categoría 'enxebre' fue para la Asociación de Mulleres Rurais de Veigamuiños, correspondiendo el de la clase 'artística' al de la escuela infantil Os Xuglares. El voto abierto, concedido por los visitantes, fue a parar a la obra del colegio Julio Gurriarán.

Leonor Blanco Bembibre se llevó el premio a la mejor decoración de un balcón por el número 2 de la calle Pérez Lista. A su vez, la organización decidió 'salvar' los árbole del jardín de la Casa Grande. Finalmente, Eva González Domínguez ganó el concurso de cestas de flores.

La Asociación de Mulleres Rurais de Veigamuiños también redactó una de las dos coplas leídas durante la fiesta. Su texto es el siguiente:

Auga Deus e veña maio
que é o mellor mes que hai,
que traia sol e traballo
que boa falla nos fai.

Porque como está a vida
as cousas póñense duras,
de día ollarase co sol,
e de noite andarse a escuras.

Ben mala é esta crise
que ata o tempo toleou.
Xa se marchou Zapatero
pero a cousa non cambiou.

Non hai auga nin traballo,
o comercio está a pechar...
ou mal botaron as contas
ou algo está a fallar.

Só os afiadores din
que os van rebentar
de tanto afiar tesoiras
para poder recortar.
Qué pena que o seu esforzo
so nos veña a amolar.

Os nenos serán máis burros,
os vellos máis derreados
nin iremos á botica
cando poñan o copago.

Porque a pensión é pequena,
enriba está recortada:
ou mercamos as menciñas
ou imos sen cena á cama.

Agora todo son normas
reformas ou cambio de tornas
hasta para comer.
Imos ter que virar de rumbo
que esto está ben chungo,
non sei que imos facer.

Dicen que están tratando
de botar algún remache,
farán viandas xenéricas
para saír deste bache.

Que non sei onde escoitei
que agora están intentando
facer o pan sen fariña
e sen patacas o caldo.

Imos ter que afacernos,
hai que ter resinación,
ide mercando tirantes
para suxeitar o pantalón,
que con amarrar o cinto
non abonda nesta ocasión.

E se non podes ir o ximnasio
porque a economía está escasa,
ninguén che ten a culpa,
fai a ximnasia na casa.

Nin tes que ir á piscina,
que non a podes pagar.
Se queres estar á liña
prívate do xantar.

E non terás colesterol
nin has padecer da gota
nin correrás o risco
de morrer dunha paparota.

Se queres estar en forma
un consello che vou dar
colle os zocos e o paraugas
e presto a camiñar;
que se sepa, esa norma
aínda non a van cobrar.

E non teñas que operarte
nin che vaia dar un infarto,
non lle vaias con presa
que a cousa non é para tanto.

Ou é que ninguén che dixo,
que hai moita lista de espera,
non ves a televisión:
a sanidade está en quiebra.

Tu estate sereno,
non poñas ollos de espanto
ou cando che chegue o turno
estarás no camposanto.

Pon o abrigo e a bufanda
que te vas acatarrar,
como collas quentura
non podes ir traballar.

Mira que agora por pouco
xa te poden fastidiar.
Como non andes dereito
xa te escusas presentar,
que pola porta que entraches
xa te podes largar.

Eu, como non durmo ben,
non paro de cavilar:
a culpa tena o diñeiro,
onde carajo andará?

É un bon bailarín,
sempre de acá para alá,
fíxose un viaxeiro,
e o malo é que emigra
sempre cara ó estranxeiro.

Como diría o meu amigo
esto é unha carallada,
vannos cobrar unha conta
que xa tiñamos pagada,
e non somos non culpables
se esqueceron borrala.

Deixennos dignidade
agora que imos para vellos
que xa cumprimos abondo
dende que somos nenos.

Implorade a Santa Rita
si Ela pode facer
que todos os brotes negros
empecen a reverdecer.

Rezádelle na novena,
ide a procesión e a misa.
Como Ela non nos protexa
imos andar sen camisa.

Tomade todo esto a broma
aínda que sexa para chorar
que hoxe, a Festa dos Maios,
non vola quero estragar.

Te puede interesar