María Prada lembra os sucesos de 1958, cando o pobo foi asolagado

'É necesario que se fale de Alberguería'

En Petín proxectouse un filme sobre Alberguería (A Veiga). María Prada é unha das afectadas polo seu asolagamento.
O pobo de Alberguería (A Veiga) foi asolagado polo encoro de Prada no ano 1958, nun proxecto da eléctrica Moncabril SA. O documental “Xares, o río que nos leva”, de Pedro Prada, proxectouse o mércores cinco de decembro en Petín, perpetúa o seu nome. Así o di unha das veciñas que tiveron que abandonar a súa casa: María Prada Álvarez.

¿Que supón para quenes vivieron en Alberguería o documental de Pedro Prada?

Supón algo marabilloso. O que fixo Pedro Prada, un documental que é digno de ver. Sobre todo para o pobo de Alberguería.

¿Votaban en falla esta revisión histórica?

Se votaba moito en falla. É moi necesario que se fale do pobo de Alberguería. Estaba moi olvidado.

¿Dende 1958, aínda hai xente que reclama as expropiacións?

Somos todos os do pobo, que fumos prácticamente malpagados. Según as informacións daqueles días, a todos nos indemnizaron cunhas 300.000 pesetas de aqueles tempos. En total, pagaron 5.000.000 de pesetas a todo o pobo. Así que prácticamente todos os veciños foron desaloxados e moi mal pagado.

¿Lembra o día en que saiu do pobo?

Si. Lémbrome do día en que saín. Eu era unha nena, apenas tiña 14 anos e tivemos que saír en moi malas condicións. Lembro que marchamos nun camión no que meu pai cargara palla e cochos. Fun por riba do camión, sobre a palla e no pico do camión viñan un primo, meu pai e na cabina ían a miña nai e as miñas irmás. Estaba chovendo, e viñeron os garda civís. Viñan coas metralletas, a cabalo, en botáronnos a todos. Aínda é hoxe o día en que lle teño algo de reparo aos gardas se me paran na estrada, pois quedei moi impresionada dende nena.

¿Eran moitos veciños?

Non sei, pero era un pobo grande. Cando menos, había máis de cen casas, agora que o número de persoas non o podo dicir porque eu era unha cría. Eu distribuía as cartas no pobo de Alberguería porque o meu pai era o carteiro. Tiñamos un bar, forno, unha especie de ultramarinos. Eu ía buscalas ata A Veiga a cabalo cando meu pai non podía. Ao final, as distribuía.

¿Seguen mantendo o contacto os que viviron en Alberguería?

Si. Os que estamos aquí, os que están na Arxentina... Por internet ou por teléfono falamos para non perder o contacto.

Te puede interesar