A obra “A camisa” chega ao ecuador dos podcast

A adaptación sonora da obra “A Camisa”, do dramaturgo Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras, 1922-Madrid, 1994), chega ao ecuador da súa emisión. A ficción en formato podcast que pode atoparse na páxina web do Consello de Cultura Galega (CCG) foi feita por A Quinta do Cuadrante e levou a dirección de Tito Asorey, en base á traducción que Ramón de Valenzuela fixo do texto orixinal.

O Consello da Cultura Galega e O Concello de O Barco están detrás deste proxecto, que conmemora o centenario do nacemento de Lauro Olmo e o sesenta aniversario da estrea da peza, que amosa os problemas da clase baixa española dos anos sesenta. A historia foi dividida en cinco capítulos de entre 12 y 15 minutos de duración, que se emiten os venres.

Chus Silva levou a sonorizacion e o elenco artística o formaron Melania Cruz, María Costas, Josito Porto, Nacho Castaño, Vanesa Sotelo, Tito Asorey e Davide González. A asesora lingüística foi Rosa Moledo.

Te puede interesar