A narradora Paula Carballeira inaugura cos seus contos o IX Ciclo 'De Perto'

O programa continuará durante o verán con máis actuacións na Casa Grande de Viloira

Paula Carballeira inaugurou este venres o IX Ciclo De Perto, nos xardíns da Casa Grande de Viloira. A dramaturga presentou os seus contos de "Mulleres que viven soas" ante un nutrido público que decidiu achegarse para gozar das historias da narradora de Fene.

Carballeira é narradora oral profesional, actriz e escritora. Foi convidada a participar en festivais de narración nacionais e internacionais, en países como Polonia, Cabo Verde, Ecuador ou México. É membro da compañía de teatro Berrobambán. Como directora levou adiante producións tanto nesta compañía como no Centro Dramático Galego, entre outras. Tamén é autora, e baixo a súa sinatura saíron da imprenta máis de trinta títulos, moitos deles traducidos a varias linguas.

O ciclo De Perto continuará durante o verán con actuacións no mesmo entorno, xunto á antiga casa señorial de Viloira. O programa completo pódese consultar aquí.

Te puede interesar