A escritora ruesa aposta pola poesía como un alimento para o espírito, na presentación do seu primeiro libro.

'A poesía contribúe a alimentar o espírito'

A escritora ruesa Rosa Enríquez presentó o seu primeiro poemario no festival que organizou a Cadena Cope no Teatro Lauro Olmo barquense. A obra leva por título “Vestíbulo da devastación” e ten un carácter intimista que vai permitir que non pase desapercibida.
¿Que queres transmitir cos teus poemas?
Eu pretendo transmitir unha menxase de diferencia. Non permitir sempre que o sistema nos esmague. Afrontar os medos que nos atormentan a todos. Lembro ao escritor Pavese, quen dícia que o mellor xeito de enfrentarse ao abismo é miralo ben e baixar a el. É unha viaxe interior.
En “Vestíbulo da devastación aludes moitas veces as figuras do mosaico e a bailariña.

¿Que buscas transmitir con elas?
O mosaico é unha metáfora do sistema, que ten claro como debe ser todo, como debemos actuar ou vivir. A bailariña tenta liberarse desa presión que a esmaga. É un xeito de liberación. O sistema é atafegante, crea expectativas que non se poden cubrir e as persoas sufren por iso. Semella inxusto.

¿É difícil ser poeta nos prosaicos tempos actuais?
Ser poeta, se se sinte a poesía, non é difícil. Odifícil é que a xente lea poesía. É o máis difícil. Se o sintes, te gusta e tes boas lecturas de poesía, si é posible ser poeta.

¿Cales son os teus autores de referencia, os que tes sobre a mesiña de noite?
Gústame un pouco de todo: narrativa, prosa, teatro, poesía. Leo a Alejandra Pizarnik, Silvia Plath. Pero tamén leo a poetas varóns, como Neruda, Miguel Hernandez ou tódolos clásicos. Ademais, están os poetas novos, que están a saír, como Yolanda Castaño, que fixo o limiar do libro, Estíbaliz Espinosa, María do Cebreiro ou Olga Novo, entre outras.

¿Que ofrece a poesía?
A poesía é boa; contribúe a alimentar o espírito. As veces, estamos mediatizados polo concreto, polo material. Permítenos saír diso, atoparnos dentro dun poemario outra persoa que fala de algo que nos preocupou, ou que nos preocupa.

¿Pensas publicar algún libro de narrativa?
Algo hai, pero prefiro esperar algo antes de comentalo.
Tamén escribes columnas no diario La Región. É difícil cambiar o chip ao pasar da poesía ao traballo xornalístico?
Son dous cousas diferentes. Eu non pretendo ser xornalista. O que escribo é unha columna de opinión, na que transmito o que penso e procuro facelo con honestidade, sinceridade. É máis concreto, hai que deixarse de andar no aire e cinguirse á realidade.

Te puede interesar