'A polémica do soldo estivo fóra de lugar; verán que vai haber control no Concello'

Elizabet Couso xustifica a súa dedicación exclusiva A edil de A Veiga Elizabet Couso xustificou a súa adicación exclusiva na necesidade de controlar o traballo do Concello. Afirma que antes non se facía.
A adicación exclusiva asignada á concelleira do PSOE en A Veiga Elizabet Couso Diéguez para levar a Tesorería do Concello levantou airadas protestas da oposición do PP. A súa retribución será de 1.030 euros mensuais brutos.
¿Que opina da polémica organizada pola súa adicación exclusiva?
Foi un lío gordo, mais necesitábase unha persoa que levara un control no Concello. Antes, non había control de nada. Foi un lío que estivo fóra de lugar, pero só será agora, ao principio. Despois se verá que a miña laboura vai ser boa para o Concello e que haberá un control do persoal e de todo.
¿Concretamente, cales son as funcións asignadas pola Corporación municipal?
Son tesoreira do Concello e levo o control do persoal de fóra, así coma o día a día do seu funcionamento, sempre coa axuda do alcalde.
Un dos argumentos que diu o alcalde socialista, Fernando Fernández, ao propoñer a súa adicación exclusiva foi que el non a tiña. ¿Comparte a súa opinión?
El ten a adicación propia do alcalde, como xa o di a propia verba. Eu vou controlar todo o traballo do Concello coa súa axuda.
¿Que opina da cantidade que vai ingresar pola adicación exclusiva?
Da cantidade penso que un auxiliar administrativo en outro traballo gaña iso e incluso máis. Nin é moito diñeiro nin é pouco. Penso que está ben.

Te puede interesar