Letras Galegas 2022

Premio aos memes en torno a Florencio Delgado Gurriarán

A iniciativa desenvolveuse coa colaboración de 47 entidades empresariais da comarca

O Instituto Martaguisela, de O Barco de Valdeorras, entregou onte os premios do “II Concurso de Memes Florencio Delgado”, unha iniciativa que desenvolveu coa colaboración de 47 entidades empresariais da comarca, incluídas a Asociación Empresarial de Valdeorras (Aeva) e o Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco. Os seus presidentes, Araceli Fernández e Jacobo Arias, respectivamente, acompañaron á directora, Carmen Gamarra, e á presidenta da ANPA, Maite Núñez, no acto. Tamén estivo o vilamartinés Anxo Baranga, quen aportou a nota de humor.

Foron 78 os traballos presentados ao certamen e recibiron premios todos os finalistas, sendo os gañadores Mario Prada (1º e 2º de ESO), Diego Nogueiras (3º e 4º de ESO) e Irea Prada (Bachillerato). Con este concurso, o Instituto busca fomentar a creatividade poñendo en valor a cultura local.

Te puede interesar