PLENO

Proposta para declarar o concello de O Barco zona libre de paraísos fiscais

A sesión, segundo a convocatoria asinada polo alcalde, desenvolverase o día 6 de outubro a partir das 19,00 horas

A Corporación municipal do Barco de Valdeorras abordará o próximo venres, día 6 de outubro, no transcurso dun pleno ordinario, unha moción plantexada polo concelleiro de Riada Cidadá, Féliz García Yáñez, cuxa finalidade é acadar o respaldo dos grupos municipais para declarar ó Concello barquense como "zona libre de paraísos fiscais".

A sesión, segundo a convocatoria asinada polo alcalde, desenvolverase a partir das 19,00 horas e na orde do día figuran como asuntos fundamentais a análise do ditame da comisión informativa de contas relativo ó recoñecemento extraxudicial de créditos de 2016, así como a aprobación da Conta Xeral do Concello do pasado ano 2015.

Dentro do apartado de control aos órganos de goberno, ademáis da moción de Félix García, debatirase a inclusión daquelas mocións urxentes que se poidan presentar, así como a dación de contas de resolucións da alcaldía.

Te puede interesar