O tenente alcalde de Vilariño de Conso, Carlos Rodríguez, critica o desgoberno no Concello

'Se o PSOE firma un pacto, debe cumplilo'

O nacionalista Carlos Rodríguez exerce de teórico tenente alcalde de Vilariño, anque o pacto co PSOE está roto “de facto”. Critica o desgoberno do alcalde.
O tenente alcalde nacionalista de Vilariño de Conso, Carlos Rodríguez Calvente, se resiste a afirmar que o pacto de goberno co alcalde socialista Arcadio González, estea roto. Crítica a súa falta de diálogo e invita ao PSOE a resolver a actual situación de desgoberno do Concello.

¿Como escomezaron as diferencias co alcalde do PSOE?

Despois do pacto nacional, comenzamos as reunións para o pacto de goberno e despois do pleno constituinte empezamos a traballar. Pero dende o primeiro momento nós non tivemos accesos a tolos documentos e os despachos nos estiveron pechados. Nunca tivemos chave. Estas cuestións empezaron a crear un mal ambiente.

¿A chegada da asesora do alcalde foi o detonante?

No pacto non firmamos a presencia de xente allea. Pero vimos que unha persoa, allea ao Concello e ao pobo, principiou a ter unha presencia diaria no Concello e escomezou a dar ordes directas aos traballadores. Dende entón Rosa Novoa pulula por todo o Concello.

¿A súa presencia é ilegal?

É absolutamente ilegal. Non sabemos se Rosa Novoa pertence a unha ONG, chamada asesores sen fronteiras, e está gratuitamente no Concello. O alcalde dictou un decreto retirándonos as competencias de facto e a puxo de alcaldesa en funcións. Antes de facelo, uns documentos que entreguei a unha traballadora apareceron fotocopiados, pola man dela.

¿En que situación se atopa o Concello?

Dende hai nove meses, en Vilariño dase unha situación que o conduce ao desgoberno.

¿O pacto está roto?

O Concello de Vilariño ten que aproveitar a lexislatura. Eu non digo que o pacto co PSOE estea roto. O alcalde afirmou que si, eu nunca dixen iso. Agora, o alcalde ten un goberno incapaz de facer nada por vontade propia.

¿É valida a comisión de seguimento do pacto?

Si, pois o PSOE ten moita responsabilidade. Se asina un pacto de goberno, debe cumplilo.

Te puede interesar