infraestructuras

O PSOE pide información do estado da autovía A-76

García Mañá, rexistrou unha pregunta tanto ao Executivo estatal como ao Ministerio de Infraestruturas, no que lle require información do estado actual da autovía proxectada entre as cidades de Ponferrada e Ourense

O senador socialista pola circunscrición de Ourense, Luís Manuel García Mañá, rexistrou unha pregunta tanto ao Executivo estatal como ao Ministerio de Infraestruturas no que lle require información do estado actual da autovía proxectada entre as cidades de Ponferrada e Ourense, inquirindo tamén polo trazado definitivo da mesma, que segundo o representante político aínda se descoñece.

Segundo apuntou, "o actual goberno do Partido Popular vendeunos a súa licitación para finais do ano 2017 ou comezos do 2018, neste caso no tramo que uniría as poboacións de O Barco de Valdeorras e Rubía, pertencente ao Concello da Veiga.

Pero -prosigue o senador do PSOE-PSdG-, o certo é que están a punto de cumprírense tres meses deste ano 2018 e os veciños destas localidades aínda están agardando e, en consecuencia, todos os ourensáns", afirmou. "A proxectada autovía Ponferrada-Ourense leva anos en proxecto e acumula un considerable retraso", rematou o senador.

Te puede interesar