Santigoso conta cunha nova fosa séptica e un pozo de drenaxe

O Concello de O Barco remataba onte as obras de instalación dunha nova fosa séptica na localidade de Santigoso, que ven a completar a recollida de augas residuais nesta localidade.
O proxecto, cun custo de uns 10.000 euros, foi executado polos obreiros municipais nas últimas semanas. Ademais da propia fosa, o proxecto incluíu a instalación de máis de 150 metros de tubaria e máis un pozo de drenaxe con gravillón para evitar posibles filtracións.

Te puede interesar