Un simposio aborda a figura de Florencio Delgado Gurriarán

Primeira xornada do Simposio Florencio Delgado Gurriarán.
photo_camera Primeira xornada do Simposio Florencio Delgado Gurriarán.

Organizado pola Real Academia Galega prevé a participación dunha ducia de especialistas na traxectoria do poeta Florencio Delgado Gurriarán

O salón de actos da Real Academia Galega acolleu a primeira das dúas xornadas do Simposio Florencio Delgado Gurriarán, un evento que reúne a unha ducia de especialistas para dar a coñecer a traxectoria do poeta e activista cultural valdeorrés, “unha das figuras destacadas do exilio galeguista en México”, según fontes da RAG. A cita foi programada para os dous primeiros xoves de novembro.

O encontro, que conta co apoio da Xunta, foi inaugurado polo presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. Xesús Alonso Montero abriu as ponencias, rematando a primeira xornada coa presentacion do libro “Co anceio de volver. Conversas con Florencio Delgado e Cela Teijeiro”, nunha edición guiada polo seu biógrafo e parente, Ricardo Gurriarán.

Na primeira xornada, o investigador da Universidade de Vigo, Xosé Manuel Dasilva, abordou as traduccións ao galego de diferentes obras feitas polo poeta de Córgomo que protagonizou o Día das Letras Galegas 2022. Pola súa banda, o académico Ramón Nicolás analizou a correspondencia do autor con Otero Pedrayo e Rodolfo Prada.

O programa do día 10 inclúe un relatorio sobre a biografía de Delgado Gurriarán e unha mesa redonda que moderará o director da Sección de Historia da RAG, Ramón Villares.

Te puede interesar