VALDEORRAS

Un taller de pinchos abriu os actos da Festa do Botelo

<p></p>
photo_camera Un momento do taller de pinchos que ofreceu Rocío Garrido.

A organización venderá un total de 950 entradas, a quince euros por persoa, para o xantar oficial do sábado

 

O Barco está a vivir xa con intensidade os prolegómenos dunha das súas festas gastronómicas máis agardadas, a Festa do Botelo, que chega este ano a súa 16 edición. Os prolegómenos abríronse xa o pasado sábado, día 16 de xaneiro, con un encontro de bloqueiros e xornalistas gastronómicos e turísticos, que poideron coñecer a elaboración do botelo, visitar varias adegas da vila e degustar o botelo nun restaurante da vila.

Onte, luns, as actividades conretáronse nun Taller de pinchos de botelo, harmonizado tamén con viños da Denominación Valdeorras. A cociñeira Rocío Garrido, que é responsable do blog 'La cocina de mi abuelo" e autora do libro "Cociñando coas razas autóctonas", realizou un taller de pinchos no que a base foi o botelo, dirixido aos hosteleiros da vila e á que asistiron unha vintena de profesionais.

O taller complementouse cunha clase de harmonización de viños e pinchos a cargo do sumiller experto en viños galegos Jorge Cardoso.

Mentres tanto, continúa aberto o prazo para a venda de entrada para o xantar oficial da Festa. En total venderanse 950, ao prezo de 15 euros por persoa. O lugar de compra das mesmas é a Casa da Cultura e O Barco e a organización advirte de que os grupos que queiran sentarse xuntos durante o xantar terán que comunicalo no momento de retirar as entradas. A maiores, restaurantes e bares da vila ofrecerán botelo nos seus menús ao longo da fin de semana para as personas que queiran degustalo nestes locais.

Dentro do programa de actividades inclúese o vindeiro xoves unha proxección de cine. Terá lugar ás 20,30 horas, na Casa da Cultura. Proxectarase a película "Una pastelería de Tokio", proxección que se repetirá o domingo día 24, ás 19,00 horas.

O sábado, día grande da Festa, o Paseo do Malecón acollerá unha feira de productos gastronómicos. Ás 12,30 horas terá lugar o pregón, na Casa da Cultura, que correrá a cargo de Francisco Javier García León, veciño, veciño do Barco que impulsou o acto do Enterro da Sardiña na vila. No transcurso do acto renderase homanaxe a José Luis Suárez Mateo, hosteleiro vinculado ao casco vello de O Barco, barrio onde dirixe dous locais.

E a partir das 14,30 horas, terá lugar a degustación do botelo, no pavillón de Calabagueiros.

Te puede interesar