día das letras

Teatro, poesía e cine acaparan o Día das Letras en O Barco

O martes, 15 de maio, na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán, o profesor de lingua e literatura galega Manuel Agra Villar ofrecerá a conferencia "María Victoria Moreno, compromiso coa literatura, con Galicia e coa vida"

Unha representación teatral, "Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos (homenaxe a María Victoria Moreno)", abrirá este venres o programa de actos que organizou a Concellaría de Cultura e Educación para conmemorar o Día das Letras Galegas. O espectáculo da compañía Matrioshka poderá verse no Teatro Lauro Olmo. Será o inicio dunha semana cultural dedicada á devandita escritora de literatura infantil e xuvenil.

O martes, 15 de maio, na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán, o profesor de lingua e literatura galega Manuel Agra Villar ofrecerá a conferencia "María Victoria Moreno, compromiso coa literatura, con Galicia e coa vida". Dous días despois, na Praza Maior, celebrarase a "Festa das Letras", espectáculo no que varios artistas ofrecerán a súa interpretación das letras galegas.

O venres, as actividades trasladaranse ao Teatro Lauro Olmo, que será escenario dun recital de poesía, realizado por Teatro do Atlántico. A proxección da película "Dhogs" (día 17) e un maratón de lectura (día 20) pecharán os actos.

Te puede interesar