Trives rende homenaxe ó mestre Julio Vázquez

Julio Vázquez fundou o Museo da Escola e da Infancia, donando os materiais necesarios para convertelo nun centro de referencia

O Concello da Pobra de Trives renderá hoxe unha homenaxe ó mestre Julio Vázquez, que morreu no pasado mes de febreiro, deixando unha profunda pegada naquela vila. Dende hoxe o principal espazo público adicado á cultura e ó lecer na vila levará o nome de Auditorio Julio Vázquez. Segundo sinala o alcalde trivés, Francisco Fernández Blanco, a través dun comunicado, esta decisión "recolle a aspiración da inmensa maioría da cidadanía de honrar a un home bo e xeneroso, que loitou a prol da convivencia e polo desenvolvemento e progreso educativo, social e cultural".

Julio Vázquez fundou o Museo da Escola e da Infancia, donando os materiais necesarios para convertelo nun centro de referencia e entregouse "xenerosamente" ó seu maxisterio o co acto desta tarde, Trives agradecerá "o seu compromiso cívico, ético e político".

A homenaxe terá lugar ás 20.00 horas no Auditorio, no decurso dun acto no que se proxectarán fotografías e imaxes de Julio Vázquez. Asimismo, representarase alguna das pezas teatrais que o mestre dirixiu ao longo da súa traxectoria profesional e descubrirase unha praca na fachada do edificio.

Te puede interesar