OBRAS

Trives traza unha senda peonil con 70.000 euros

<p></p>

Enlazará o remate das beirarrúas da vila co antigo centro comarcal

A localidade de Trives está a ser obxecto dunha intervención que posibilitará a realización dunha senda peonil de medio kilómetro de lonxitude na estrada OU-536, que incrementará a seguridade para os peóns e ao mesmo tempo servirá para canalizar as augas de drenaxe. A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañada polo alcalde de Trives, Francisco José Fernández, visitou onte as obras de construcción da senda, que supoñen un investimento de 70.000 euros.

Esta intervención iniciouse a mediados do pasado mes de xullo e consiste na realización dunha cuneta de seguridade transitable de formigón, de dous metros de anchura. Esta infraestrutura realizará a dobre función de senda peonil para a circulación de peóns en condicións seguras e de sistema de canalización de augas de drenaxe. Segundo se puxo de manifesto no decurso da visita, a senda terá unha lonxitude total de 500 metros e estase a construir dende o punto no que rematan as beirarrúas de Trives ata o antigo centro comarcal, pola marxe dereita da estrada.

Este proxecto está financiado pola Xunta de Galicia que, segundo sinalou Marisol Díaz Mouteira, pretende resolver deste xeito unha carencia que tiña o concello de Trives, proporcionando unha rede viaria máis cómoda a segura para os vecinos. Segundo puso de manifesto a delegada territorial, esta obra estase a executar mediante contrato de conservación integral e está previsto que os traballos rematen a finais de presente mes de agosto.

Te puede interesar